Esta charla sobre os "Malos tratos e Violencia entre os mozos na época da internet" será impartida polo Dr. Manuel Fernández Blanco, psicólogo clínico
Para público en xeral
23/11/2022
Xa rematou
Non é necesaria inscrición previa. Entrada libre
Ás 19.00 h
Gratuíto
Concellaría de Benestar xunto coa Real Academia de Medicina de Galicia e o Centro Cívico de Monelos
Teléfono: 981189817
No propio Centro Cívico Municipal de Monelos
As formas de violencia, acoso e malos tratos entre os mozos a través das novas tecnoloxías (principalmente, con internet e o teléfono móbil) son múltiples e poden producirse a través do envío de mensaxes ofensivas, increpacións, ridiculizacións ou material pornográfico non desexado; envío de mensaxes ameazantes e coaccións; difusión entre terceiros de rumores difamatorios sobre a vítima; difusión entre terceiros de información confidencial sobre a vítima ou de imaxes degradantes; obtención de información confidencial da vítima, facendo que a difunda entre terceiros; exclusión deliberada da vítima en redes sociais; comunicación con terceiros facéndose pasar pola vítima para deixala en evidencia; discusións airada en chats en liña, con descualificativos e agresividade verbal etc
Noticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible