Con motivo da Semana da Ciencia na rúa o Muncyt organiza dúas conferencias os día 12 e 19 de novembro.
Para público en xeral
Dende o 12/11/2015 ata o 19/11/2015
Xa rematou
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - Muncyt. Praza del Museo Nacional 1. 15011 A Coruña
Javier Mas é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela. Estudou e doutorouse pola Universidad Autónoma de Madrid, realizando a súa etapa postdoutoral na Universidade Técnica de Munich. É autor de máis de cincuenta publicacións e actualmente coordina o grupo de investigación en Teoría de Supercordas no Departamento de Física de Partículas.
Esta serie de dúas charlas é unha contribución á conmemoración en 2015 do centenario da Teoría Xeral da Relatividade de Albert Einstein. Nelas, Javier Mas Solé, achegaranos ás ideas e ás persoas que protagonizaron este fito da historia da ciencia.
PROGRAMA:
Xoves 12 de novembro, ‘Perdidos no Espazo-Tempo: a Relatividade Especial'.
Xoves 19 de novembro, ‘O Buraco na Mazá: a Relatividade Xeral'.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible