Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

CORUFEST26 - Concerto Ou Xoan

Corufest26

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/05/2026

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

10,00 €.

20% de desconto para carné novo, maiores de 65 anos, persoas desempregadas

25% de desconto para familia numerosa

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

O Xoán naceu dun desamor e dunha volta a casa case forzada, pero co drama por montar: simplemente tocou volver á aldea, sachar un pouco e poñerse a facer pop e electrónica en galego. Música con identidade, sentido do humor e a medida xusta de intensidade. Co seu primeiro sinxelo Ferido espertou xa o interese do público e da escena profesional e abriu unha etapa máis atrevida e visual na que nos mostra o seu estilo propio e unha proposta contemporánea e nova dentro da escena galega. Preparando o lanzamento do seu traballo debut esta primavera-verán presentará en escenarios diversos o seu primeiro espectáculo.

Para os primeiros concertos esta primavera O Xoán combina o seu lado actoral co musical e presenta un espectáculo escénico e visual cun fío narrativo que nos vai levando dun tema a outro, un show hipnótico que atrapa ao público coa súa mestura de cancións e historia persoal.

O recente gañador do Mestre Mateo a mellor actor protagonista Xoan Forneas en directo

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión