Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Organiza Ceo Aberto, con o apoio do Concello da Coruña e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
«Coruña Comunica Ciencia» é un evento de comunicación científica que ten como obxectivo achegar a ciencia ao público xeral a través de diversos formatos de divulgación, incluíndo monólogos, experiencias híbridas, teatro e música.
Cada xornada terá tres bloques de actividades, as mañás para público escolar e as tardes e noites para público familiar e adulto.
Este proxecto está organizado pola entidade Ceo Aberto e conta co apoio do Concello da Coruña e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Programa
Mércores 11
10:30 - 13:00 h.: Ata o infinito... e máis aló, co asesor STEM José Viñas (Alumnado de Secundaria)
17:30 - 18:30 h.: Teatro, malabares e física. Rube, coa compañía circense Alodeyá (Todos os públicos)
20:00 - 21:00 h.: Recital «Caos: de la teoría a la música», coa Dra. Laura Farré Rozada. Pianista, matemática e investigadora (Todos os públicos)
21:00 - 22:00 h.: Teatro «Elemental», con Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández (Todos os públicos)
Xoves 12
10:30 - 11:50 h.: «Un mundo de fantasIA: guía de supervivencia dixital», co experto en hacking e ciberseguirdad Kike Fontán. (Alumnado Primaria)
17:00 - 19:00 h.: Galicia Divulga. Microcharlas coa divulgadora Eva Cabanelas, o divulgador Jacobo de Toro, a experta en IA Alba Meijide, o astrónomo Dosi Veiga, e a directora do IIM CSIC Beatriz Novoa (Todos os públicos)
20:00 - 21:00 h.: Charla «Evolucion da cirurxía torácica coa robótica por incisión única», co cirurxián Diego González (Todos os públicos)
21:00 - 22:00 h.: Hacking para adultos co hacker e experto en ciberseguridad Kike Fontán (Público adulto)
Venres 13
10:30 - 11:50 h.: «A metade invisible da Ciencia», coa enxeñeira biomédica Iria Ollero e o divulgador científico David Ballesteros (Alumnado Secundaria)
17:00 - 18:00 h.: Radio. Gravación de «Efervesciencia», co divulgador Manuel Vicente (Todos os públicos)
18:00 - 19:00 h.: Charla coa divulgadora Rocío Vidal, «La gata de Schrodinger» (Todos os públicos)
20:00 - 20:45 h.: «3clipses», charla do director dos Museos Científicos Marcos Pérez (Todos os públicos)
20:45 - 21:45 h.: Charla «El espejismo de la mayoría», co divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón (Todos os públicos)
21:45 - 22:30 h.: Música e IA: «El arte ha muerto ¿otra vez? La ilusión de la creación musical», coa compositora e experta en IA Sofia Oriana (Todos os públicos)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible