O creador das series e longametraxes de animación española que marcaron a varias xeracións descóbrese para o gran público en "Cruz Delgado, un quijote de la animación española".
Para público en xeral
24/09/2022
Xa rematou
sábado ás 17.30 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
A entrada a esta película será libre ata completar a capacidade da sala.
Pioneiro do debuxo animado en España, Cruz Delgado foi un visionario que creu nunha forma de facer cinema que estaba por inventar en España cando a principios dos anos setenta lanzouse a facer a súa primeira longametraxe "Mágica Aventura". Autor de Don "Quijote de la Mancha" e "Los Trotamúsicos", é ademais o único director español con catro longametraxes de animación no seu haber e o primeiro gañador do Premio Goya nesa categoría.En "Cruz Delgado, un Quijote de la animación española" percorreremos a vida deste cineasta, quen en primeira persoa e co testemuño de moitos amigos e compañeiros, aparece como un home que comezou intercambiando cómics, para logo debuxalos el mesmo e terminar sendo hoxe un referente ineludible no mundo da animación en España.
Título orixinal: Cruz Delgado, un quijote de la animación española
Ano de produción: 2008
Duración: 63 minutos
Dirección e guión: Pedro González Bermúdez
Música: Juan Pedro Cabanas
Dirección de arte: Ignacio Gaubert, Giu Camblor, César Ruiz, Pedro González Bermúdez
Produtora: Antiego
Escenografía: Ignacio Gaubert
Deseño de créditos: Giu Camblor
Ilustracións: Paco Sáez
Xénero: Documental
Cualificación: Todos os públicos
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Os días 30/05/2024, 31/05/2024, 01/06/2024
Os días 30/05/2024, 31/05/2024, 01/06/2024
10/06/2024
Os días 11/01/2024, 15/02/2024, 14/03/2024, 11/04/2024, 23/05/2024, 13/06/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible