Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Declarada a parcela do POL-1 do API S37, da avda. da Pasaxe (Lg. Pedro Fernández) Zona de Situación Acústica Especial

O acordo da declaración entra en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/05/2026

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Anuncio BOP 25.03.2026 (93 KB)

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria realizada o 20 de maio de 2026, acordou por unanimidade aprobar a declaración da parcela do POL-1 do API S37 -sita na avenida da Pasaxe, lugar Pedro Fernández-, como Zona de Situación Acústica Especial (ZSAE), de conformidade co disposto nos artigos 20 e 26 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, e logo de ver o informe emitido o 20 de febreiro do 2026 polo xefe de departamento de Actividade Industrial, para a aplicación das medidas correctoras propostas. Previamente abriuse un período de información pública e audiencia durante o que non se rexistrou ningunha alegación.

A declaración ten o obxectivo de mellorar a calidade acústica da zona e conseguir o cumprimento dos OCA correspondentes ao espazo interior. Unha vez declarada a ZSAE, o Concello poderá autorizar o desenvolvemento urbanístico condicionando as licenzas ao cumprimento dos OCA no espazo interior, de conformidade co artigo 20 da Lei 37/2003 e o Documento básico de protección fronte ao ruído (CTE DB HR) do Código técnico da edificación, esixindo reforzos de illamento acústico en fachada e a súa verificación mediante ensaios, permitindo compatibilizar o desenvolvemento residencial coa protección da saúde e do benestar acústico da cidadanía, garantindo niveis acomodados no interior das edificacións.

O acordo de declaración de ZSAE publícase no BOP do 26.05.2026 () e entra en vigor ao día seguinte ao desta publicación.

Pódese consultar o certificado da declaración e o informe xurídico que o ampara a través da web da sección de Servizos, Documentos e informes ambientais e do apartado de Calidade Ambiental (ruído) ( Descargas documentos e informes ambientais ).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión