Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Depor Tolemia

O cómico coruñés Roi dá Costa recibe no seu espectáculo DEPOR TOLEMIA a Jorge Andrade e Walter Pandiani. Ambos viaxan en exclusiva á Coruña para participar neste encontro con humor, recordos e sentimento deportivista.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/03/2026

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

13,00 €.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

DEPOR TOLEMIA é o primeiro e único show temático en España dedicado a un equipo de fútbol. Un formato que mantén viva a memoria e o espírito do Real Club Deportivo da Coruña. Entre os seus anteriores protagonistas destacaron Joan Capdevila, Augusto César Lendoiro, Lucas Pérez, Diego Villares, Barros Botana, Paco Lodeiro, Xosé Antonio Touri´çan, Federico Pérez, Rubén da Barreira e Rodrigo Vázquez.

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

  • Nada se sabe 07.03.2026

    SEN NUMERAR Primavera 2026 - NADA SE SABE de Manuel Lourenzo

    Cando:

    06/03/2026

    Inscricións:

    Este espectáculo ten unhas características moi especiais cara á inclusión no ámbito cultural, que non só é un dereito, senón tamén un paso fundamental cara a unha sociedade máis equitativa e diversa.

    As medidas de accesibilidade no teatro, do mesmo xeito que no resto das artes vivas, teñen un papel fundamental ao garantir que as persoas con diferentes tipos de discapacidade - visual, auditiva, motriz ou cognitiva - poidan gozar plenamente dos espectáculos, é polo que neste espectáculo impleméntanse as seguintes medidas de accesibilidade

    1.- LSE durante todo o espectáculo.

    2.- Visita táctil para persoas invidentes, unha hora antes da función. Acceso libre.

    3.- Audiodescrición: As persoas que a soliciten deben levar as súas propios auriculares.

    4.- Programa de man en Braille: dispoñible no despacho de billetes para préstamo durante o espectáculo.

    5.- Programa de lectura fácil

    **Se necesita das medidas de accesibilidade 2 ou 3 deberá comunicalo identificandose través do correo forummetropolitano@coruna.gal antes do día 4 de marzo as 15 horas.

    En canto a Audiodescrición temos 8 aparellos que se confirmarán por orde de petición a través do correo forummetropolitano@coruna.gal e en canto a visita tactil deberán acudirse unha hora antes do evento.

  • Cartaz

    Ciclo Principal: Las pequeñas mudanzas

    Cando:

    Dende o 06/03/2026 ata o 07/03/2026

  • A voar, de Cé Orquestra Pantasma

    "A voar", de Cé Orquestra Pantasma

    Cando:

    10/03/2026

    Inscricións:

    Dende o 06/03/2026 ata o 10/03/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Cartel Aniversario Centro Pascual Veiga

    35º Aniversario Centro Ocupacional Pascual Veiga

    Cando:

    12/03/2026

  • Cartaz

    Ciclo Principal: Artur UI, o ovo da serpe

    Cando:

    Dende o 13/03/2026 ata o 14/03/2026

  • “Carapuchiña Vermella e os 5 lobiños”, de Ángeles Goás

    “Carapuchiña Vermella e os 5 lobiños”, de Ángeles Goás

    Cando:

    17/03/2026

    Inscricións:

    Dende o 13/03/2026 ata o 17/03/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión