Presentación do libro Cinza a cargo de Manel Cráneo e Xavier Alcalá na biblioteca Forum Metropolitano con motivo do Día do Cómic.
Para público en general
20/03/2024
Ya ha finalizado
De 19.00 h. a 20.00 h.
1 hora
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O mércores 20 de marzo ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano vamos acoller a presentación do cómic Cinza para celebrar o Día do Cómic 2024. No acto contaremos coa presenza de Manel Cráneo e Xavier Alcalá.
Cinza, publicado por Demo Editorial, é a adaptación de Manel Cráneo do long-seller A nosa cinza, de Xavier Alcalá, con máis de 80.000 exemplares vendidos. Conta a vida de Xoán, un rapaz criado durante a ditadura franquista, orfo de nai, fillo de médico, de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda para o veraneo, vemos a Xoán medrar no duro contexto do seu tempo. Os anos de escola e instituto marcan a transición do neno inocente ao mozo que se ha de enfrontar aos designios da vida para cortar o cordón umbilical coa súa familia.
Cinza e unha obra universal e intemporal chea de referencias polos temas que a vertebran: a morte, o sexo, a amizade, os excesos da relixión e a dureza dun réxime totalitario. A morte asalta o protagonista desde cativo; o sexo xórdelle como premio inalcanzable; a amizade corre paralela a unha violencia que ensombrece a vida do neno e do adolescente; o fundamentalismo relixioso acosa, abafa os sentimentos; imponse a Formación do Espírito Nacional Católico empeñado en agochar o galeguismo.
Acceso libre até completar capacidade
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible