Visitas guiadas, obradoiros, charlas, concertos, entradas gratuítas e xogos centran a programación.
Para público en xeral
Dende o 18/05/2023 ata o 21/05/2023
Xa rematou
Concello da Coruña
Serán once as instalacións municipais que se sumen ás actividades programadas, que terán como día central o sábado, día 20. Casa das Ciencias, Domus, Aquarium, Museo Arqueolóxico, casas museo Casares Quiroga, María Pita e Picasso, a Fundación Luís Seoane, e as salas de exposicións Quiosco Alfonso, Palexco e Palacio Municipal de María Pita, participarán na celebración, que ademais inclúe actividades na praza de María Pita dirixidas fundamentalmente á xentiña máis pequena.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible