Dende un punto de vista autobiográfico, a directora brasileira Coraci Ruiz segue a transición de xénero do seu fillo adolescente Noah. Entre os anos 2016 e 2019 entrevístao abordando os conflictos, certezas e incertezas que impregnan a súa profunda procura de identidade.
Para público en xeral
01/02/2022
Xa rematou
20:00 h
* Pídese puntualidade, unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.
77 minutos
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
2,50 €
(carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)
*É imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada no despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección.
SERÁ DE OBRIGADO CUMPRIMENTO:
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.
- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
Ao mesmo tempo, Coraci, criada desde pequena nunha contorna activista e feminista, tamén vive o seu propio proceso de transformación rompendo con vellos paradigmas, enfrontándose aos seus medos e desmontando os seus propios prexuízos.
Cun relato persoal, xeneroso e honesto, póñense sobre a mesa cuestións sociais relevantes arredor do xénero, o matrimonio, a política e o consentimento dos pais.
Coraci Ruiz naceu en San Pablo, Brasil. Desde 2003 traballa como documentalista. En 2020 doutourouse en Multimedia. Realizou varias películas, series de TV e vídeos. A súa primeira longametraxe en 2012, Letters to Angola, foi seleccionada en máis de 20 festivais de cinema de 16 países. Limiar é a súa segunda longametraxe e foi premiado en Hot Docs, 2021.
Título orixinal: Limiar (aka Threshold)
Directora e directora de fotografía: Coraci Ruiz
Guión: Coraci Ruiz e Luiza Fagá
Produtor executivo: Julio Matos
Edición: Luiza Fagá
Repartición: Noah Silveira Ruiz, Lena Bartman Marko e Coraci Ruiz
Texto narrado: Coraci Ruiz, Luiza Fagá e Julio Matos
Música orixinal: Natalia Mallo
Deseñador e mesturas de son: Guile Martins
Colorista: Tobias Rezende
Ilustración: Noah Silveira Ruiz
Produtora: Laboratorio Cisco
• Hot Docs 2021 - Competición International Spectrum - Canadá, 2021
• Premio ao Mellor Documental no Festival Turin Lovers LGBTQI FF- Italia, 2020
• Inauguración no Festival Ethnocineca de Vienna - Austria, 2021
• Clausura no Festival Durban IFF- Sudáfrica, 2021
• Sección Competitiva no Festival Queer Lisboa - Portugal, 2021
• Sección Competitiva no Festival Mix Milano - Italia, 2021
• Sección Competitiva no Festival de Cinema de Lima - Perú, 2021
• Seleccionada no Festival de Málaga - España, 2021
• Seleccionada no Festival de Moscow IDFF DOKer - Rusia, 2021
• Seleccionada no Festival de Women IFF Dortmund/Cologne - Alemaña, 2021
• Seleccionada no Festival de DocMontevideo - Uruguai, 2021
• Seleccionada no Festival de Amor Festival Chile - Chile, 2021
• Festival Mix Brazil: Premio á Mellor Dirección - Brasil, 2020
• Festival Rainbow Brazil: Premio á Mellor Dirección, Mellor Guión, Mellor Fotografía, Mellor Deseño de Son - Brasil, 2020
VENDA DE LOCALIDADES
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible