Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Onde máis doe, de Manane Rodríguez

Un documental sobre a violencia vicaria

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/11/2023

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Duración:

65 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Organiza:

Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Contacto:

Rúa Mercé, 56, baixo (15006 A Coruña)

Teléf.: 981 298 122

www.facebook.com/redeoza.org

Manane Rodríguez analiza neste filme o caso do asasinato dun neno en Oza, un feito espantoso de violencia vicaria que o pai cometeu para vingarse da nai, facéndoo, precisamente, «onde máis doe». Despois de ameazar durante anos a súa exparella, Marcos M. asasina a golpes de pa o seu fillo de 11 anos. Un ano despois un xurado popular condénao por asasinato (matar facendo uso pleno das súas facultades) e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar a nai. Onde máis doe é un documental imprescindible sobre ese horror inaceptable nunha sociedade civilizada.

Este documental está nas antípodas do tratamento sensacionalista co que adoitan tratarse estes dramas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión