Unha cinta que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia. A eses e outros moitos lugares levaron a nosa música.
Para público en xeral
04/06/2018
Xa rematou
- 19:30 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
55 min
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Libre ata completar a capacidade da sala.
981 184 293
"Tocaron a gaita en Terranova, en Namibia, no mar do Carburo; fixeron música mestiza e cosmopolita antes de que existisen esas palabras"
Así resume Xurxo Souto a historia de "Dous gaiteiros do mar", o documental producido por Borneira Audiovisual. Nesta cinta recupérase o relato dos gaiteiros-mariñeiros que nos anos sesenta e setenta embarcaron cara ao Gran Sol. As voces que recolle o documental pertencen a Manuel Sotelo (Manoliño De Donón) e Lito de Pinténs. A súa historia é a historia da música tradicional lonxe da terra, das gaitas máis aló da terra firme, ao outro lado do noso horizonte.
Eles son os gaiteiros do mar deste documental que, segundo Souto, servirá para provocar o "descubrimento dun mundo" que descoñecemos na Galicia. "Hai gaiteiros do mar que non coñecemos, dos que non sabemos nada. Ben seguro que despois deste documental, descubriremos moitos máis", sinala Xurxo Souto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible