Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O documental do mes: "Lyra"

En 2019 a xornalista de investigación e activista LGTBIQ+ irlandesa Lyra McKee foi asasinada polo novo IRA. O filme indaga nos motivos da súa tráxica morte.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/10/2023

Xa rematou

Estado do evento:

Cambio de datas

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comeza a proxección non se permitirá acceder á sala aínda que se teña entrada.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € (descontos: Carné Xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

* Para acceder aos descontos, é imprescindible mostrar o documento que acredite ser beneficiario deles.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

O 17 de abril de 2019 Lyra McKee foi asasinada na cidade de Derry (Irlanda) pola novo IRA.

Tiña só 29 anos. Lyra era unha celebrada xornalista de investigación e activista LGTBIQ+ norirlandesa que tivo o valor de facer as preguntas incómodas que ninguén no seu país parecía querer facer. Atravesada polo conflito estrutural da súa terra, Lyra nunca se deixou deter polo medo coa convicción de que acabar coa violencia era posible. "Estou a traballar nunha historia que implica facerme preguntas sobre persoas perigosas". A partir desta afirmación o documental de Alison Milleiro explora a vida de Lyra e a súa tráxica morte facendo fincapé na súa brillante carreira xornalística, os seus valores humanos e o seu profundo amor cara a Irlanda.

Premiada en Sheffield 2022.

2022

92 min.

Irlanda e Reino Unido

Inglés

Subtítulos: castelán

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes central da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Centro Ágora: dende unha hora antes do comezo da proxección (sempre que queden localidades dispoñibles).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión