CANCELADA
Para público en xeral
11/09/2015
Xa rematou
Por motivos alleos ao Teatro Colón e debido á indisposición de parte do elenco, o espectáculo El Greco y la legión tebana non poderá verse o venres 11 de setembro tal e como estaba previsto. Por deferencia e respecto ao público coruñés tanto á produtora como ao teatro buscaron unha alternativa, de maneira que o vindeiro venres 11 poderá verse no escenario herculino a comedia Chirigóticas, unha proposta desenfadada e satírica que nos transporta ao entroido gaditano.
Con dramaturxia e dirección de Antonio Álamo, Chirigóticas traspasa os límites do humor para mostrarnos tres historias distintas a través da sátira, o discurso crítico e a ironía. Alejandra e Ana López Segovia e Teresa Quintero dan vida aos distintos personaxes de La tela te lo vale, Emigrantas e Cambio de Estado, as tres historias que compoñen Chirigóticas e que nos falan dun mercado na rúa, un grupo de mulleres que emigran buscando unha vida mellor e unha noiva que durante a súa despedida de solteira cambia de opinión respecto ao matrimonio.
Aquelas persoas que adquirisen entradas para ver El Greco y la legión Tebana poden solicitar a devolución no prazo dun mes para partir do día da función a través da mesma canle pola que as adquiriron, o Teatro Colón ofrécelles, ademais, unha invitación para o espectáculo que escollan - suxeito a dispoñibilidade - polas molestias ocasionadas.
Entidades

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025

29/12/2025

Os días 03/01/2026, 04/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible