O Russian National Ballet fúndase en 1989, cando o lendario solista do Teatro Bolshoi de Moscova, Sergei Radchenko tenta realizar a súa visión dunha compañía que reunise os elementos máis clásicos das grandes compañías de Ballet Kirov e Bolshoi nunha nova compañía de ballet independente dentro do marco do ballet clásico ruso.
Para público en xeral
18/12/2015
Xa rematou
Os principais bailaríns de toda Rusia forxan baixo dirección de Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos intemporais como Giselle, Don Quixote, Paquita e Carmen.
Desde os seus inicios, o Russian National Ballet completou numerosas xiras por Europa, con extraordinarias recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña e os Países Baixos, ademais de Reino Unido, incluíndo numerosas representacións no famoso Coliseo de Londres.
A compañía realiza, ademais, xiras por todo o mundo, destacando as realizadas con gran éxito por Turquía (no Festival de Istambul), Grecia (Festival de Atenas), Xapón, Corea, Singapur e Hong Kong. Baixo a dirección de Sergei Radchenko, o Russian National Ballet continúa ampliando o seu repertorio.
Ademais da posta en marcha de novos traballos tanto en Rusia como no estranxeiro, a compañía especialízase nos ballets máis complexos do século XX, como A Cincenta, Romeo e Xulieta, A Lenda do Amor, Flor de Pedra e A Idade de Ouro. Elena Radchenko investigou as producións orixinais en canto a coreografía e escenografía de varios ballets clásicos de Marius Petipa, incluíndo novas producións no ano 2000 de Don Quixote, Paquita e unha recreación de Giselle de Jules Perrot e de Jean Coralli.
O Russian National Ballet percorre de costa a costa dos EEUU todas as tempadas nunha longa xira mostrando o seu amplo repertorio nas máis importantes salas e teatros do país americano.
Nacido en 1944, Serguei Radchenko gradúase na Escola de Danza de Moscova, para formar parte como Gran Solista da Compañía do Teatro Bolshoi durante 25 anos. Bailou todo o repertorio do Bolshoi, tendo unha especial reputación nas danzas españolas, particularmente no papel do toureiro na obra de Bizet-Schedrin Carmen Suite, sendo a parella de baile de Maya Plesietskaya.
S. Radchenko é o fundador do Ballet nacional Ruso, co que realizou un encomiable labor ao longo de máis de vinte anos, mostrando por todo o mundo a grandeza e mestría da danza clásica rusa. Ademais, S. Radchenko é habitualmente convidado polos estamentos máis importantes a nivel mundial para impartir masterclass, facendo patente o liderado da escola do Teatro Bolshoi de Moscova.
Entidades

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible