Esta exposición estará na sala de exposicións do Palacio Municipal dende o 6 de febreiro
Todos os públicos
Para público en xeral
Dende o 06/02/2025 ata o 30/03/2025
Xa rematou
De luns a domingo das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h
Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña
Entrada gratuíta
Concello da Coruña
981 189 898
A exposición "O legado de José Ramón" xorde a partir dunha xenerosa doazón realizada pola familia do ilustre artista ao Concello, coa que se cumpre co desexo expreso do propio José Ramón.
Máis que unha homenaxe ao pasado, esta mostra representa unha ponte entre a historia e o presente. A través da súa extraordinaria habilidade, José Ramón logrou capturar a esencia da Coruña, deténdose naqueles momentos e lugares que definiron a súa evolución. A exposición é, ademais, unha invitación para reflexionar sobre a importancia de valorar e preservar o legado histórico, recoñecendo na arte unha ferramenta única para conectar distintas xeracións.
VISITAS GUIADAS
Os próximos días 19 de febreiro, 5-19-26 de marzo das 18.00 ás 19.00 h realizará visitas guiadas Ana Iglesias, comisaria da exposición e filla do artista.
Cada grupo ten unha capacidade limitada a 25 persoas.
Para reserva de praza envíen un correo a kioscoalfonso@coruna.gal
Ana Iglesias será a encargada de realizar as visitas guiadas nas que proporcionará información detallada sobre os diversos aspectos das obras expostas: o proceso creativo, o seu estilo, as técnicas utilizadas, o contexto histórico.
A visita será aínda máis enriquecedora na primeira planta do Concello, onde as persoas visitantes poderán ver con detalle as tallas do Salón de Plenos, o Libro de Ouro e os escudos da cidade.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible