Mesmo os mares máis próximos son natureza descoñecida para o home. Isto converte a súa exploración en todo un aliciente. Co programa O mar a fondo, patrocinado pola Obra Social La Caixa e desenvolvido polo Centro Superior de Investigacións Científicas e o Instituto de Ciencias do Mar foméntase o coñecemento a partir dun proceso de ensino-aprendizaxe práctica e teórica que ademais xera interese na preservación do medio mariño.
Grupos escolares*, Familias e público xeral**
Para público en xeral
Dende o 25/10/2016 ata o 31/10/2016
Xa rematou
25 de outubro de 16 a 19 h
26, 27, 28 e 31 de outubro de 10 a 13.30 h e de 16 a 19 h
Sábado 29 e domingo 30 de 11 a 14 h e de 17 a 20 h
Martes 1 de novembro de 11 a 14 h
(Acceso ata unha hora antes do peche)
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34, Bj. 15002 A Coruña
Entrada gratuíta a talleres tras o previo pago da entrada ao Acuario.
Consultar prezos e gratuidades en mc2coruna.org
O mar a fondo distribúese en catro módulos cuxos formatos se adaptan ao público xeral, familias, profesorado, alumnado e investigadores:
Da man dos investigadores do ICM que viaxaron en numerosas ocasións á Antártida, poderemos observar pezas de xeo mariño, krill liofilizado entre outros elementos que nos axudarán a comprender a importancia de preservar a Antártida para preservar á súa vez a saúde do planeta.
Mergúllate nas profundidades do océano a bordo dun submarino e pon a proba todos os teus sentidos de investigador.
Nas profundidades do océano, a onde nunca chega a luz, hai vida rica e variada, moito máis parecida á dos bosques de terra do que imaxinamos. Ven e descúbreo ti mesmo.
As medusas apareceron na terra hai uns 600 millóns de anos e desde entón conservan unha estrutura morfolóxica simple, que é o que lles permitiu sobrevivir todo este tempo. Aprende a coñecelas e a protexelas e mesmo a saber como tratar unha picadura de medusa.
*Grupos escolares de Educación Primaria (ciclos 2º e 3º), ESO, Bacharelato os días lectivos pola mañá. Enviar unha solicitude de reserva e, unha vez confirmada, aboar só o prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que corresponda, xa que é unha actividade sen custo adicional. A folla de solicitude está dispoñible no enderezo http://mc2coruna.org/escolares/reserva.html. Ao cubrila, indicar no recuadro de Observacións "Actividade do festival Mar de Mares no Aquarium Finisterrae".
**Familias e público xeral polas tardes os días lectivos e mañás e tardes a fin de semana e o martes 1 de novembro.
+ info: www.elmarafondo.com | www.mc2coruna.org
Actividades relacionadas

17/12/2025
Dende o 10/12/2025 ata o 17/12/2025
Require inscrición

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 18/12/2025
Require inscrición

Dende o 20/12/2025 ata o 04/01/2026
Apertura prazo de inscrición: mércores 10 de decembro ás 10.00 h

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 01 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para á inscrición.

17/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 15/01/2026
Require inscrición

07/02/2026
Dende o 31/01/2026 ata o 05/02/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible