Con David Amor, Javier Veiga, J.J. Vaquero, Álex Clavero e David Perdomo
+ 16 anos
* Espectáculo en castelán e galego
Para público en general
17/05/2019
Ya ha finalizado
22:30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permite o acceso á sala)
90 minutos
Entradas: 18,00 / 20,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida: 16,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: -25% (só no despacho de billetes))
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)
(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)
(Se vostede merca entradas con desconto a través de teléfono ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)
A MARISCADA DOS IDIOTAS é un espectáculo de leóns e tigres pero sen gaiola nin domador. Ou máis ben unha banda de trapecistas que esa noite van traballar sen rede. Porque isto é o que van facer: saír ao escenario e a ver que pasa... Porque David Perdomo, J. J. Vaquero e *Álex Clavero terán que convencer a Javier Veiga e David Amor de que merecen sentar á mesa, e o público será o xuíz. Estamos seguros ao xuntar estes tipos de dúas cousas: a primeira é que o público que se achegue ao Teatro Colón vai rir sen parar durante un par de horas. A segunda é que os que van rir de verdade son os camareiros do restaurante onde vaian cear esta tropa... Pero, iso si, que avisen na casa que van chegar tarde, porque vai ser boa!
David Amor (Salceda de Caselas, Pontevedra, 1980) é un monologuista que tras unha ampla experiencia na TVG, saltou á fama nacional co Club do Chiste, e máis recentemente con Tu cara me suena, Gym Tony e as súas aparicións en Zapeando. Na actualidade, o galego coas mans máis grandes que coñecemos está percorrendo toda a xeografía nacional co seu espectáculo de post up comedy, e é un habitual da Gran Vía madrileña nas Noites do Club de la Comedia.
Javier Veiga (O Grove, Pontevedra, 1973) é un dos artistas máis prolíficos, licenciado na RESAD de Madrid, destacou en diversas disciplinas como a dirección, tanto en teatro, como en televisión, ademais de como actor en teatro, cinema e TV. É lembrado como o primeiro presentador do Club de la Comedia. Os seus traballos máis destacados como protagonista foron as películas El año de la garrapata ou Muertos de amor. E as series 7 vidas, Moncloa dígame? e 7 días al desnudo.
J. J. Vaquero (Valladolid, 1973) é un cómico e guionista que realizou varios monólogos en Nuevos Cómicos ( Paramount Comedy), Sopa de Gansos (Cuatro TV), El Hormiguero (Antena 3), El Club de la Comedia (La Sexta), Versión Española (TVE)... Traballou no guión para os Goya" (29ª, 30ª e 31ª edición), El Hormiguero (Antena 3), No es un sábado cualquiera (TVE), Gala de Noiteboa con Dani Martín (TVE), Sopa de Gansos (Cuatro).
*Álex Clavero (Valladolid, 1981) é un monologuista que empezou a moverse polas principais salas de comedia en 2001. Desde entón non parou de xirar, traballou en radio, TV e teatro e mostrou o seu particular punto de vista sobre a vida. Na radio estivo no programa Protagonistas (Punto Radio CyL). Foi colaborador con Nuria Roca en Lo mejor que te puede pasar (Melodía FM), e actualmente é o FrancotiraRock do programa El Pirata y su Banda (Rock FM).
David Perdomo (A Coruña, 1979) formouse en Casa Hamlet e na compañía Estragón, con quen xirou por toda España, para especializarse despois no humor e a comedia da man de Manicómicos e Escola do Trinque. Durante dous anos viaxa a Avignon ao Festival Internacional de Teatro a presentar traballos e a formarse con xente da categoría de Leo Bassi. En 2009 xunto a Alberto Castaño crea S Koruño, unha parodia da sociedade coruñesa coa que logrou unha lexión de seguidores, arredor de 50.000 entre todas as súas redes sociais. Nos últimos anos labrouse un nome na televisión autonómica. En programas de tanto éxito como Land Rober e Ecce Perdomo, programa que volverá este 2019 para estrearse na televisión de Galicia.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Los días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas a la venta el 17 de julio de 2025 desde las 12.00 h

Desde el 19/12/2025 hasta el 20/12/2025

22/12/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible