Con David Amor, Javier Veiga, J.J. Vaquero, Álex Clavero e David Perdomo
+ 16 anos
* Espectáculo en castelán
Para público en xeral
18/05/2019
Xa rematou
16:30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permite o acceso á sala)
50 minutos
Entradas: 10,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: -25% (só no despacho de billetes))
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)
(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)
(Se vostede merca entradas con desconto a través de teléfono ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)
EL MUNDO TODAY é o medio satírico máis coñecido do noso país. Celebra o seu décimo aniversario cun boletín en vivo no que repasará as súas mellores noticias. Éxitos como «Una anciana invoca al demonio en un curso de inglés», «Operan a un vasco con anestesia», «Pide mimos y su marido contrata a siete» ou «Telecinco emite por error ocho segundos de un documental» non faltarán neste informativo que contará tamén con conexións en directo de última hora, previsións meteorolóxicas e chiscadelas á actualidade política.
Kike García (Barcelona, 1981) e Xavi Puig (Barcelona, 1980), licenciados en Filosofía e Comunicación Audiovisual, son coñecidos principalmente por ser os responsables do diario satírico máis coñecido de España, aínda que tamén colaboraron en radio, prensa e televisión. Entre os dous suman catro gatos e un can.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible