Primeiro encontro do curso para pais, nais, fillas e fillos, onde intentamos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto coa colaboración de diferentes profesionais.
De 8 a 12 anos
Familias
Infantil, Familias
27/10/2022
Xa rematou
Dende o 20/10/2022 ata o 27/10/2022
Das 18.00 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Telef.: 981 184 389
Encontro a cargo de Santiago Rey Asorey, policía nacional experto universitario na localización e seguimento dos delitos tecnolóxicos pola UDIMA.
A nosa mocidade creceu entreténdose cos nosos móbiles. O que para nós é unha experiencia innovadora, como follear un xornal dixital, ler un libro nun lector de libros electrónicos ou escoitar música en Spotify, para eles/as é o soporte natural deses contidos.
Gocemos en familia das vantaxes que nos achegan as novas tecnoloxías, ensinémoslles a diversificar o lecer, a manexar as novas tecnoloxías, como lles ensinamos todo o demais que lles afecta na súa vida.
A clave non está en esconder os nosos móbiles ou en prohibirlles o seu uso aos nosos fillos e fillas. A resposta é aprender a facer un bo uso procurando ser o mellor exemplo para eles e elas.
Adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e nenas necesitan anotarse. É imprescindible a asistencia dunha persoa adulta.
Esperámosvos!!!
Tamén che pode interesar

18/12/2025
Sesión cancelada por peche da biblioteca.

19/12/2025
Non precisa inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible