Galicia súmase ao movemento a nivel internacional por recuperar os ríos urbanos canalizados no pasado como elementos de mellora paisaxística e de calidade.
Para público en xeral
15/09/2022
Xa rematou
de 18:00-19:00 h
Fundación Paideia Galiza. Praza de María Pita 17. 15001 A Coruña
Entrada gratuíta ata completar aforamento.
Neste encontro reunimos a tres representantes de entidades que traballan pola recuperación das canles do Monelos, na Coruña, o río Maior en Sada e o Gafos, en Pontevedra, que nos falarán do valor patrimonial, histórico, cultural, social e natural que as augas dos ríos levan consigo ata a súa desembocadura no mar, así como das motivacións, inconvenientes e oportunidades que supón en cada caso para as contornas onde se sitúan.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible