Formamos parte dunha sociedade na que reproducimos xestos, actitudes e discursos que fortalecen estruturas que nos custa ver e que non favorecen a igualdade de xénero. Imos intentar analizalo.
Homes e mulleres a partir de 16 anos
Para público en xeral
Os días 04/05/2018 ás 10:00 , 05/05/2018 ás 10:00
Xa rematou
Dende o 04/04/2018 ata o 17/04/2018
Dia 4 de maio: de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas
Día 5 de maio: 10.00 a 14.00 horas
Gratuíto. Prazas limitadas
Inscrición no prazo estipulado
981 184 253
Concellería de Igualdade e Diversidade
A construción de xénero crea unha estrutura xerárquica e excluínte na que se establecen a posesión e o uso do poder e outórganse privilexios en base a un modelo cultural. Tomar conciencia dese proceso e dos seus mecanismos permite a análise crítica e a deconstrución dun sistema que provoca desigualdade en todos os ámbitos das nosas vidas. Formamos parte dunha sociedade na que reproducimos xestos, actitudes e discursos que fortalecen estas estruturas. Moitas destas prácticas son habituais ata o punto de que nos resultan difíciles de detectar no día a día. Con todo estes comportamentos teñen consecuencias na vida das persoas. Construír espazos despatriarcalizados pasa necesariamente por visibilizar e afrontar individual e colectivamente estas formas de estar e participar na sociedade.
O taller "Xénero, poder e feminismo: transformando as relacións e os coidados nos grupos" articúlase como unha invitación, un espazo para reflexionar e tomar conciencia de como a construción diferencial de xénero inflúe no funcionamento dos grupos. Nesta primeira proposta imos partir da idea de xénero como unha categoría de opresión e, analizando de forma crítica as relacións de poder que establece (rangos, roles, toma de decisións, distribución de tarefas etc), achegarnos ao feminismo.
No taller traballaranse os seguintes aspectos ou obxectivos:
Tomar conciencia da orde de xénero
Observar como se solapan os sistemas de opresión
Reflexionar sobre a experiencia subxectiva dos coidados, relacionándoa coa socialización de xénero
Avanzar na xestión dos coidados nos grupos, baixo os criterios de corresponsabilidade, xustiza e sustentabilidade
Analizar como inflúe a desigualdade de xénero en cada un dos catro espazos dos grupos (asemblea, indagación, celebración e espazo emocional)
Adquirir ferramentas para levar unha perspectiva feminista aos grupos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible