Un divertido e emocionante repaso á historia da música rock en familia
Familias, Para público en xeral
03/01/2023
Xa rematou
19.00 h
Apertura de portas: 30 min antes do concerto
Platea / Palco: 8,00 €
Principal: 6,00 €
1.ª fila de Principal (Visibilidade reducida): 4,00 €
Desconto do 20% para carné xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
Desconto do 25% para familia numerosa
**Para que se aplique o desconto é necesario presentar a documentación que acredite o desconto.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Actura 12 SL
Iso é o que propoñen o escritor Javier Becerra e a cantante Carolina Rubirosa neste concerto didáctico. El narra. Ela toca e canta. Xuntos contáxianlles aos nenos e ás nenas o amor á música e as súas grandes iconas, acompañadas dunha formidable banda de rock n'roll. Trátase dun espectáculo baseado no libro Isto é rock! (Hércules de ediciones) que chega agora cun toque do Nadal.
Despois de poñer a praza de María Pita patas para arriba este verán nas festas, este é o momento de repetir a experiencia e gozar das súas sorpresas. Haberá novas cancións, pezas do Nadal, convidados especiais e, sobre todo, rock, moito rock. De Chuck Berry a Joan Jett. De AC/DC a The White Stripes. E dos Rolling Stones a Queen. Todo iso coas ilustracións que fixo para o libro Catuxa Alonso. Unha gran festa para recibir o 2023 con máxima enerxía.
Ollo: se ao final as familias terminan comportándose como nenos e nenas que ninguén se estrañe, é o que sempre adoita ocorrer.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible