Sabías que se conservan mais de 400 milagres de Santa María, en códices do século XIII... en galego? Sabías que a Divina Señora adquiría as formas máis sorprendentes para axudar ás persoas infelices que llo pedían? Sabías que nos tempos de medo e incerteza que estamos a vivir, hai millóns de persoas que siguen a pedir un milagre de María, a Estrela Matutina? Sabías que a maioría dos milagres da Señora serían hoxe condenados pola igrexa e perseguidos polo código penal?
Para público en xeral
27/02/2021
Xa rematou
20.00 h
85 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
Entre o terror milenarista e a peste negra aparecen as Cantigas de Santa María unha obra extraordinaria encomenda polo rey Afonso X na que conxuran a poesía, a música e a pintura. As cantigas foron un artefacto multimedia no que se contaban as tremendas historias de supervivenciade persecucións e guerras, de marxinación e praceres, de aventuras e violencias, nas que os personaxes se enfrontaban ao seu destino e encontraban solucions luminosas e fantásticas. Sempre coa axuda infalible da Santa María trunfando sobre o mal con múltiples recursos. Durante séculos, estas historias foron levadas polos comediantes por todas as terras para asombro e rexouba dos inocentes espectadores. Agora todo mudou. Ne aprendemos atemer aos diferentes, fanaticos disputan anacos de terra deserta e chamanlle santa, a actualidade, o público perdeu a inocencia e xa non cre nos milagres... polo menos, non nos da Virxe. A televisión converteunos en seres sabios e descridos. Pero as persoas mais atentas avisan de que regresa a Idade Media: Por todas as esquinas xurden predicadores, a guerra gañou de novo o alcume de santa, afúndense imperios e levantanse novas bandeiras, o hábito de pensar desaparece e aprendemos a temer e odiar aos diferentes, a televisión fai renacer a violencia da espada, e para completar o cadro, temos unha peste universal que mata sen distinguir os xustos dos inxustos. Dies irae, Dies irae!! E todas e todos esperamos un milagre. Ainda que non o queiramos recoñecer, rezamos coa boca pechada, para non sermos oidos polos demais. Mesmo así, as nosas rezas foron escoitadas e a arela dos nosos corazóns farase realidade. EXCENTRICAS lanza un novo espectáculo para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo. ESTRELA DO DÍA virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En definitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de santa María aplicados aos problemas actuais (Asombrosamente parecidos aos daquel século XIII) Voltarán a desfilar diante dos nosos ollos, neste retábulo do século XX, os soldados que foxen da guerra, a mociña obrigada a casar con quen non quere, os que expulsados dos seus lares son amoreados como gado, os presos por roubar comida, a monxa que foxe do convento, o que cansado deste mundo , quere vivir noutro sen morrer, o que perde unha pelota e daría o que ten para seguir xogando, a que foxe da manda de brutos que a acosan, os que perden a compaña do animal que preferen calquera humano, a que procura a curación da emfermidade mortal... Dramas resolvidos pola intervención milagreira de María con aparicións dignas da mellor vedette de varietés.
Elenco: Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez
Autoría e Dramaturxia: Quico Cadaval
Dirección: Marcos PTT Carballido
Duración: 85 minutos
Idade recomendada a partir de 13 anos
Venda de entradas
Despacho de Billetes Central, Praza de Ourense: de luns a xoves de 10 a 14 e de 15 a 18 h. Venres: de 10 a 15 h
Despacho de Billetes do Teatro: só abre os días de función de 16 a 20 h
01/02/2025
Dende o 31/01/2025 ata o 01/02/2025
Dende o 07/02/2025 ata o 08/02/2025
08/02/2025
14/02/2025
15/02/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible