A Asociación de antigos alumnos do IES Monelos convoca os premios do 11º concurso de fotografía Xurxo Lobato
Todos os públicos
Para público en xeral
Dende o 01/09/2015 ata o 12/09/2015
Xa rematou
Nos horarios habituais de apertura do edificio (de 8.00 h a 21.00h).
Libre e gratuíta
Nesta edición presentáronse 142 alumnos con 365 fotos. Os participantes son alumnos de bacharelato, formación profesional e ESO de toda Galicia.
A Coruña, Vigo, Carballiño, Valga, Santiago de Compostela, Ferrol, Culleredo, Lugo, Ourense, Ribadeo, Sobrado dos Monxes, Fene, Narón, Vilariño de Conxo, Boiro, Ames, Carnota, Silleda, Malpica, Pontevedra, O Porriño son as localidades de orixe dos participantes.
Destaca a presenza feminina con 95 participantes.
O xurado presidido por Xurxo Lobato e formado por Antón Orosa, Arene Román, Marcos Sánchez. Pablo Mella, Tino Fraga e como secretario do xurado Blas Rodríguez, expresa a súa satisfacción pola continua mellora da calidade dos traballos presentados polo que ampliou o número de accesits a 12.
Este certame consolídase con perfil propio, especializado en fomentar a fotografía entre os alumnos de ensinos medios de Galicia. Quere contribuír ao desenvolvemento da linguaxe fotográfica da nosa comunidade autónoma e fomentar a "canteira" de novos valores que opten pola fotografía como linguaxe de creación.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible