De Berros e Olladas é unha mostra de distintos estilos fotográficos que trata de expresar de xeito visual a repulsa contra a violencia de xénero.
Para público en xeral
Dende o 11/09/2015 ata o 04/10/2015
Xa rematou
De martes a xoves, de: 10.30 a 14.00 e de 17.30 a 20.00 h
Domingos e festivos, de 10.30 a 14.00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
Marga Piñeiro Díaz, Enrique González Pérez, Isidro Cea e Andrea Fernández Maneiro, son os tres fotógrafos e a escritora que conxugan os seus diferentes puntos de vista para dar forma a unha mesma idea: o NON rotundo ó abuso psicolóxico e físico.
Enrique González traballa o dramatismo expresado en dez imaxes de doloroso realismo.
Marga Piñeiro fala do oculto, do que se esconde tras a alma dos seres implicados e, acompañada dos haiku de Andrea Fernández Maneiro, acompasa cada imaxe coa palabra deixando o arrecendo da idea que quere representar.
Isidro Cea presenta un fotopoema. Unha pequena composición na que cada verso titula unha imaxe de temática fatástica, conformando ó remate un poema.
Catro persoas e catro xeitos de ver unha mesma e triste realidade

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible