Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Exposición de fotografía sobre o acceso á saúde no Congo
O Hospital Quirón da Coruña acolle unha mostra fotográfica organizada por Farmamundi sobre xénero e acceso á saúde na República Democrática do Congo, baixo o título "Wanawake: defensoras do dereito á saúde en RDCongo".
A ONG recolle a través de 25 fotografías o traballo que fai coas vítimas de violencia sexual no país africano e os diferentes aspectos da vida das mulleres en Kivu Norte e Oriental, provincias nas que Farmamundi e os seus socios locais desenvolven os seus proxectos desde hai máis de 10 anos para mellorar as condicións de vida e saúde das mulleres e das súas familias.
Con estas instantáneas a cor, tomadas por cooperantes de Farmamundi no país, e diversos paneis informativos, a exposición convida ao visitante a facer un interesante percorrido sobre como afecta a desigualdade de xénero, a inequidade e a violencia sexual á saúde das mulleres que viven na República Democrática do Congo, coñecido como “o peor país do mundo para nacer muller”.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible