Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición internacional da Asociación de Pintores coa Boca e co Pé

A mostra de pintura poderase visitar na planta baixa do Corte Inglés de Marineda.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/07/2015 ata o 01/08/2015

Xa rematou

Horario:

De luns a sábado: de 10.00 a 22.00 horas

Enderezo:

Estrada Baños de Arteijo 43.

Prezo:

Gratuíta
O obxectivo desta exposición é a difusión da obra dos artistas para que a xente, que xa coñece a Asociación a través dos cartóns e calendarios que comercializa, poida gozar dos cadros orixinais e apreciar a súa calidade artística.

A Asociación de Pintores coa Boca e co Pé foi creada en 1957 cando o pintor Erich Stegmann e un pequeno grupo de artistas discapacitados de 8 países europeos fundan unha organización para axudarse mutuamente. Erich Stegmann, vítima da poliomielite, quedou privado do uso das súas mans e construíuse unha próspera carreira como pintor coa boca en Alemaña.En España fundouse cando en 1957 Stegmann entrou en contacto con Manuel Parreño Rivera, que se converteu no primeiro artista español da Asociación. A sede atópase en Madrid e encárgase da difusión e distribución das obras dos artistas por todo o país.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión