No 125 aniversario do naufraxio do "Serpent", o Museo Histórico Militar acolle unha mostra que reflicte a historia do accidente desta embarcación.
Para público en xeral
Dende o 10/11/2015 ata o 21/12/2015
Xa rematou
De luns a sábado. de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
Domingos e festivos: de 10.00 a 14.00 horas.
Museo Histórico Militar da Coruña. Praza de Carlos I 1. 15001 A Coruña
Na exposición, organizada pola Asociación Histórico Cultural The Royal Green Jackets, a Asociación de Amigos do Museo Militar e Tesouros de Galicia, poden verse obxectos orixinais do barco, como os prismáticos do capitán, páxinas da prensa da época que recollen a noticia e gravados nos que se poden ver aos tres mariñeiros sobreviventes ou ás familias dos falecidos no porto de Southampton.
A traxedia do cruceiro británico é, como di Juan Campos, o «símbolo dos naufraxios» da Costa da Morte, unha traxedia de lenda que marcou a alma colectiva de toda unha comarca. O Serpent partira de Playmouth á unha e media da tarde do 8 de novembro con destino á costa occidental africana. Levaba 176 homes. Ía substituír ao seu xemelgo Archer na patrullaxe das costas sudafricanas. Era un torpedeiro de aceiro reforzado na liña de flotación, de 68,58 metros de eslora e 10,97 de manga, que ao engadirlle seis canóns a súa proa cabeceaba en exceso.

Dende o 19/02/2026 ata o 12/04/2026

Dende o 11/03/2026 ata o 03/05/2026

Dende o 19/03/2026 ata o 10/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible