Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Festival de Cultura Urbana: Sinte o flow

Xornada de obradoiros participativos mostras ou exhibicións abertas

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Familias, Para público en xeral

Cando:

21/07/2017

Xa rematou

Horario:

Das 12.00 ás 23.00 h

Páxina web:

www.coruna.gal/participacion

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática en colaboración coa Asociación Cultura Vella Escola

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Praza de María Pita, 1 -2º

Tel.: 981 184 200 Ext.: 12046

xuventude@coruna.es

Asociación Cultural Vella Escola

www.vellaescola.com

info@vellaescola.com

637 089 318 _ Pablo Castiñeiras

A concellería de Participación e Innovación Democrática,presentouo Festival de Cultura Urbana: Sinte o flow, que organiza a área municipal de Mocidade en colaboración coa asociación cultural Vella Escola e que se celebrará na praza dos Mariñeiros o vindeiro 21 de xullo. A iniciativa suporá unha xornada de obradoiros participativos dirixidos á xuventude e mostras ou exhibicións abertas para a veciñanza de todas as idades que queira participar. A idea deste festival  é xerar un espazo de relación onde os mozos e as mozas con curiosidade pola cultura urbana poidan compartir experiencias e coñecer distintas actividades alternativas coa mesma, que abranguen desde manifestacións artísticas e deportivas, facendo partícipe ao barrio e ás persoas de todas as idades que se acheguen a este espazo aberto de cultura urbana participada. O obxectivo  pasa por facilitar a participación activa en experiencias de educación non formal, vinculadas á cultura urbana, que favorezan a convivencia e a inclusión social.  

PROGRAMA DO FESTIVAL

Horario de mañá

12:00 - 16:00  exhibición cellograffiti

12:00 - 13:00  obradoiro de skate   |   obradoiro de parkour

13:00 - 14:00  obradoiro de turntablism dj 

-----------------------

Horario de tarde

16:00  exhibición de flat land (bmx)

16:00  quedada de skate  |  quedada de parkour   |   uso libre da zona de baile

17:00 - 18:00  obradoiro de beatbox 

18:00  exhibición de flat land (bmx)

18:00 - 21:00  competición all styles 2vs2 (danzas urbanas)  |  uso libre skatepark

21:00  exhibición de breakdance "back to the roots"

22:00 - 23:00  concerto "rap a golpe de beatbox ft. live band" 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión