O programa do Festival Noroeste Estrella Galicia contará con máis de 75 bandas e artistas e 150 horas de música en vivo, con actuacións gratuítas en espazos singulares da Coruña e nomes tan destacados como os de Patti Smith and Band, Belako, Nathy Peluso, Paco Ibáñez, Joe Crepúsculo, Mastodonte, Los Punsetes, Anni B Sweet, Los Estanques, La URSS, The Last Internationale ou Soleá Morente.
Para público en xeral
Dende o 06/08/2019 ata o 11/08/2019
Xa rematou
Consulta os horarios do festival na web oficial: https://festivalnoroeste.com/
Gratuíto
Concello da Coruña e Estrella Galicia
noroeste@coruna.es
Como cada ano, A Coruña transfórmase o mes de agosto para acoller unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. Unha cita musical única en España, que conta cun atractivo programa de concertos gratuítos ao aire libre e que cada verán reúne a máis de 60.000 persoas.
O festival, organizado polo Concello da Coruña coa colaboración de Estrella Galicia, presenta unha liña estilística aberta, diversa e contemporánea, que saca a música dos espazos máis convencionais e expándea por toda a cidade, desde a praia de Riazor ata o Castelo de Santo Antón, pasando por prazas, museos, parques e paseos emblemáticos.
O Noroeste Estrella Galicia é unha experiencia única que convida a toda A Coruña e as súas persoas visitantes a gozar e descubrir a mellor música coas bandas e artistas máis imprescindibles. En 2019 o festival apostará un ano máis por sentir a música de forma próxima, experiencial e sustentable en espazos urbanos singulares dunha cidade única bañada polo Atlántico. Co 33º Noroeste Estrella Galicia, o público poderá gozar durante 6 días de máis de 150 horas de música en directo, nun evento contemporáneo e vibrante como a propia A Coruña. O seu cartel, atractivo e ecléctico, reúne máis de 75 concertos de figuras de renome nacional e internacional referentes das xeracións máis diversas, que compartirán escenario coas novas promesas do momento. Este 2019, o Noroeste Estrella Galicia busca converterse de novo nun auténtico escaparate de grandes directos internacionais e estatais, sen perder xamais de vista todo o que sucede na nova escena musical galega.
Consulta os artistas por días na web oficial do festival: https://festivalnoroeste.com/artistas/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible