Festa da comunidade swing galega coa actuación en directo de LINDY SISTERS
Para público en xeral
16/05/2022
Xa rematou
21.00 h
Sociedade Recreativa e Instrutiva do Círculo de Artesáns. Rúa San Andrés 36, Bj. 15003 A Coruña
7,00 €
Circo de Artesáns
Reunión Recreativa e Instructiva de Artesáns
("Circo de Artesáns")
Rúa San Andrés, número 36
A BANDA LINDY SISTERS
Está integrada por catro músicos de gran prestixio no mundo do jazz:
- ELENA BORGES (Batería). Formada no Conservatorio Superior de Música de Madrid. Participa en bandas como "Freesouls" e "IAM Trío". Colabora habitualmente con músicos como Íñigo Azurmendi e Javier Constenla.
- GUEORGUI OGANESIAN (Saxo). Natural de Armenia. En 2017 finalizou os seus estudos no Conservatorio Superior de Jazz da Coruña na especialidade de improvisación de jazz. É integrante das bandas de jazz "A Rue Dixie Band", "Hot Chocolates" e "Jazz Vibes".
- RUPERT TWINE (Piano). Formado na Universidade de Edimburgo. Actualmente é pianista das bandas de jazz "Blue Devils" e "Hot Chocolates".
- JAVIER LÓPEZ PALLARÉS (Baixo). Formado no Conservatorio da Coruña. Actualmente forma parte do "Trío Stardust" e do "Anxo Ferreira Trío", co que acaba de gravar o disco "Nameless Cat".
________________________________________________________________
A AGRUPACIÓN CORUÑESA LOOPY HOPPERS
A agrupación coruñesa LOOPY HOPPERS, que este ano cumpre o seu quinto aniversario, difunde o Lindy Hop, unha das formas de baile asociadas ao música swing desde a discoteca do Circo de Artesáns, con clases gratuítas de pasos básicos.
O Lindy Hop é ese baile que aparece nos marabillosos filmes antigos dos Irmáns Marx e nalgún outro non tan antigo como "Os rebeldes do swing" (1993). Os bailaríns avanzan pola pista ao ritmo de temas musicais de Louis Armstrong, Sydney Bechet, Ela Fitzgerald, Count Basie, entre outros.
Lestes días os LOOPY HOPPERS ensínannos unha das coreografías máis famosas do swing, o "Shim Sham", que se baila en todas as festas de swing por todo o mundo.
Esta coreografía foi adaptada por Frankie Manning, un dos bailaríns de Lindy Hop máis famosos, coreógrafo e embaixador desta comunidade internacional, plural e aberta. Manning fur uno dos bailaríns profesionais do grupo Whitey´s Lendy Hoppers, que estiveron en activo desde finais da década de 1920 ata a década de 1940. Neste mes de maio celébrase tamén o mes do Lindy Hop, que coincide co aniversario do nacemento de Frankie Manning, con eventos mundiais.
En Galicia, a comunidade swing ten organizada unha auténtica romaría "Lindy Hooppera", con actividades, festas, cursos e clandestinos por toda a xeografía galega no #FrankieMonthGalego.

18/12/2025

18/12/2025

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible