Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Focus Gráfica - Nuria Pena

Nuria Pena.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/02/2016 ata o 03/03/2016

Xa rematou

Horario:

  • Martes a sábado de 10:30 h. a 14:00 h. e de 17:30 h. a 20:00 h.
  • Domingo de 10:30 h. a 14:00 h.
  • Luns pechado.

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre.

 

Nuria Pena, printmaker - como ela gusta de ser nomeada, máis que como artista visual (termo por outra banda tan abusado como improbable) - investiga ese suco sombrío: a pegada, a fenda dunha técnica coa que non deixa de experimentar e pensar no campo expandido e ampliado do gravado, o debuxo, a pintura, a colaxe ou a fotografía - por citar as súas técnicas máis profusas. (...)

No seu límpido e diáfano estudo coruñés de Montealto, Nuria toma distancia e examina (sképtomai), despregando no chan do estudo do estudo as súas obras que axustan e harmonizan fotografías/pegada dun pasado - nas súas palabras) integradas en gravados - outra interpretación da realidade que posúe a súa propia velocidade de lectura (sic) - para reflexionar sobre o tempo das imaxes. (...)

Nuria Pena é posuidora dunha poética intimista e lírica innegable que a vinculan, na súa proximidade á natureza, á errancia da mellor tradición romántica.

Jaime G. Lavagne

 

Nuria Pena

  • Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.
  • Bolseira pola School of Drawing and Painting, Heriot Watt University, Edimburgo.
  • Finaliza os estudos de doutoramento pola Universidade Complutense de Madrid en colaboración coa Calcografía Nacional e a Spanish Society de Nova York.
  • Bolseira pola Academia de España en Roma, especialidade de gravado.
  • Selección de Tokio Miniprint Internacional Xapón.

 

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión