Ciclo Folk no Colón
Para público en xeral
10/09/2025
Xa rematou
20.30 h
Platea (filas 1 a 5): 34,00 €
Platea (resto de filas): 31,00 €
Palco central: 31,00 €
Palco lateral: 26,00 €
Principal: 22,00 €
1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 18,00 €
*Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
*Desconto do 25% para familia numerosa
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Unha das bandas máis lendarias da música celta mundial, Capercaille, chega por fin a Galicia dentro do ciclo Folk no Colón para ofrecer unha noite inesquecible de música de raíz, emocións profundas e sonoridades atlánticas.
Dende as Highlands escocesas ata os escenarios máis emblemáticos do planeta, Capercaillie leva máis de catro décadas reinventando e internacionalizando a música tradicional gaélica, con discos que marcaron un antes e un despois e coa voz marabillosa de Karen Matheson, descrita por Sean Connery como "unha garganta tocada por Deus".
Vive unha noite máxica coas melodías hipnóticas, os ritmos ancestrais e a forza viva da cultura celta nun espectáculo que celebra a tradición e a modernidade cunha elegancia única. Non perdas a oportunidade de escoitar en directo unha das bandas máis influentes e admiradas da música celta contemporánea.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible