Ciclo Folk no Colón
Para público en xeral
09/11/2025
Xa rematou
20.30 h
15,00 €
*Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
*Desconto do 25% para familia numerosa
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
La Yogurtera, SL
Tiruleque é unha das bandas de música galega máis veteranas do país. Xurdiu na Coruña hai máis de vinte anos e criouse nese mundo de romarías, foliadas, bailes, festas populares e demais encontros que son celebracións da cultura galega en si mesmos.
Un mundo vivo e rico, no que calquera faísca espontánea provoca unha celebración, e onde todo o mundo ten, na música, no canto ou no baile, o seu lugar.
Neste cuarto traballo discográfico, a banda coruñesa xoga coa forza das voces femininas que deron forma á tradición da música cantada en galego. Esas avoas incansables de corpos vellos e espíritos novos, que foron as que nos transmitiron non só as pezas, senón tamén esa enerxía, ese lume interior co que xa iluminaban os encontros de hai décadas.
Tiruleque potencia a enerxía hipnótica da pandeireta co transo das liñas de baixo, combina o brillo da gaita coa forza do metal, mestura a percusión tradicional coa moderna... coa particularidade de ser sempre fiel ao espírito verdadeiro das músicas sen artificios innecesarios, respectando o sentido orixinal, dentro da foliada, para cantar e bailar como sempre se fixo.
Nestes anos de historia, Tiruleque recorreu a práctica totalidade dos festivais de música galega e celta o país, e representou a música galega en festivais internacionais como o de Lorient e o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, entre outras moitas actuacións pola xeografía do Estado, e é considerado unha referencia no mundo da música para o baile tradicional galego.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades

Os días 01/12/2025, 02/12/2025, 03/12/2025, 04/12/2025, 05/12/2025, 06/12/2025, 07/12/2025

07/12/2025

08/12/2025

12/12/2025
Prevenda o luns 16 de decembro ás 12.00 h para fans.
Entradas á venda o 17 de decembro ás 12.00 horas.

12/12/2025

13/12/2025
ENTRADAS Á VENDA DESDE O 5 DE DECEMBRO DE 2024 Ás 12.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible