Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Forumáxico: 2019 - Fani Triana "Igualdade onde estás"

"Igualdade, onde estás?" é p novo espectáculo da ilusionista Fani Triana en defensa da igualdade a través da máxia.

A quen vai dirixido?:

Público familiar 

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

14/09/2019

Xa rematou

Horario:

19:00h 

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 5.00 euros 

Abono 3 (3 entradas para o mesmo espectáculo) : 12.00€

Menores de 3 anos: 2,00 euros 

Contacto:

981 184 293 (Fórum Metropolitano) 

A protagonista desta historia nace un 8 de marzo de 1975. Considerando este feito a súa nai un claro sinal dunha misión, decide chamala Esperanza... "Esperanza Marzal".

"Esperanza Marzal" traerá a igualdade, ela desexa que no século XXI as mulleres podan ir tranquilas pola rúa, acadar os mesmos postos de traballo que calquera persoa, pregúntase por que en moitas entrevistas nos medios de comunicación ás mulleres pregúntaselles polo seu físico, no canto de facelo pola súa actividade, a conciliación da vida laboral e familiar, a finalización de todo tipo de violencia de xénero, abusos, etc.

Deste xeito e a pesar de todas as celebracións do "Día da muller" segue sen palpar a "igualdade", por iso irá na súa procura, utilizando a maxia e o humor. 

Cumprirá a súa misión?,... atopará a igualdade?, ... onde estás, igualdade?,... ula igualdade?

Espectáculo cheo de ilusións con cordas, cartas, evasións,... moito humor e participación do público, para tentar expor no só as desigualdades cotiás e históricas, senón tamén a importancia de erradicalas traballando nos ámbitos da educación e a cultura.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes do Fórum: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) ou web

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión