Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

ForuMáxico 2026 - SINGULARIA, Magia en la Manga

Unha experiencia sensorial e emocional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/09/2026

Horario:

19.00 h

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

  • Menores de 3 anos: 2,00 €
  • Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
  • Persoas con certificado de discapacidade e acompañante: 2,00 €

A persoa que adquira entradas con desconto debe presentar a acreditación correspondente no momento de comprar as entradas e de acceder ao auditorio.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os coches e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Unha experiencia que convida os asistentes ao espectáculo a descubrirse e ao mesmo tempo a redescubrir a beleza do misterio e o imposible.

A proposta realízase nun espazo escénico de deseño coidado, no que a escenografía e iluminación constrúen un universor visual en constante transformación.

Duración: 70 min

Público familiar. Espectáculo recomendado a partir de 6 anos.

Compañía: Magia en la Manga

Autoría: Magia en la Manga, S. Coop. Galega

Dirección: Gonzalo Albiñana

Elenco: Sara Rodríguez Martínez

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión