Ciclo Nadal no Colón
Para público en xeral
23/12/2018
Xa rematou
19:00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala)
Entrada anticipada: 10 €
(Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto)
(As persoas compradoras de entradas con desconto deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto no que terá lugar o espectáculo)
Estrea na Coruña
Furouis Monkey House é unha banda formada por 5 mozos de Pontevedra de entre 14 e 16 anos... e un mono furioso. Un proxecto alucinante que naceu nunha clase de música e levou a Mariña (voz), Carlota (batería), Amaya (teclados), Irene e Diego (guitarra) e o mono (baixo) a gravar o seu primeiro traballo, Run (Esmerarte/AtresMúsica, 2015) nos famosos estudios de Abbey Road e Planta Sónica.
Desde entón, Furious Monkey House deixaron coa boca aberta o mundo cunha calidade alucinante sobre o escenario e o seu repertorio de cancións pop e rock de aires dos 90 que emocionan a nais e pais que foron fans de Nirvana, Pixies ou Smashing Pumpkins, e a nenas e nenos de todas as idades con ganas de bailar.
Xa tocaron en grandes escenarios como o Primaver Pop, o Son do Camiño ou o Festival PortAmérica, e o fenómeno Furious Monkey House arrasa en medios de alcance nacional como Sesiones Ligeras, Roomies, Los 40, Jotdown Magazine, Radio 3 ou El País. Ademais, os nosos adictos aos plátanos compuxeron Life into the wild, o tema principal da película Zipi y Zape.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible