Recital poético en que participan poetas e o colectivo Gosto de vivir a poesía da Asociación veciñal Agra.
Para público en xeral
02/12/2021
Xa rematou
19:30 h
60 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Ata completar a capacidade en función das limitacións preventivas contra a pandemia COVID. Os asentos adxudicaranse por orde de chegada. A porta abre ás 19:00 h.
de balde
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
Beatriz Maceda Abeleira, vogal da AELG, presentará Ana Romaní, Eva Veiga e Xulio López Valcárcel, tres poetas que participan na sesión que pecha "Gosto de vivir a poesía" na edición de 2021.
Hai anos que a Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán dentro do programa "Facendo país" coordinado por Ricardo Seixo, vén desenvolvendo "Gosto de vivir a poesía", unha actividade aberta á participación veciñal, en que as persoas participantes escollen catro ou cinco autoras/es a quen dedicar cadansúa sesión ao longo do ano; escolman uns poemas de cada autor/a e, nunha sorte de escola de declamación, trabállanos durante un mes para facer unha lectura pública final, no local veciñal (rúa Entrepenas 38 soto, 15010 A Coruña) ou noutras localizacións como parte doutras actividades propias, alleas ou no decurso dos festivais que desenvolvemos no Centro Ágora. A lectura dos poemas compleméntase, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), cunha introdución sobre a figura e obra do autor/a, coa presenza do autor/a ou ao coidado dunha persoa coñecedora da súa obra. O programa de 2021 inclúe cinco recitais:
- Marzo. Miguel González Garcés
- Maio: Xela Arias: dentro do festival "Ferrados de Letras", no Centro sociocultural Ágora
- Xullo: Ricardo Carvalho Calero
- Outubro: Antón Avilés de Taramancos
- Decembro: un acto no Centro sociocultural Ágora coa presenza de Ana Romaní, Eva Veiga e Xulio López Valcárcel
Algunhas das lecturas publicáronse na canle youtube da asociación.
27/05/2024
Acceso libre ata completar capacidade
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Os días 18/03/2024 ás 18:30 , 16/04/2024 ás 18:30 , 07/05/2024 ás 18:30 , 04/06/2024 ás 18:30
un encontro ao mes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible