Grease. O musical. Edición especial 50 aniversario
Para público en xeral
Dende o 07/03/2024 ata o 10/03/2024
Xa rematou
Platea: 55,00 €
Palco: 49,00 €
Principal: 40,00 €
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
SOM 2011 SL
teatrocolon@coruna.gal
Danny Zuko e Sandy Olsson son dous mozos que teñen un romance nas súas vacacións. Ao remate do verán, vense obrigados a separarse. Ao seu regreso ao instituto Rydell, Danny reúnese coa súa banda, os T-birds, de chaquetas de coiro e pelo engomado. Inesperadamente, os pais de Sandy deciden mudarse e a moza ingresa no mesmo colexio.
Pasada a sorpresa do reencontro e co obxectivo de quedar ben diante dos seus compañeiros, Danny adopta unha actitude arrogante que deixa a moza totalmente desamparada. Sandy únese entón ás Pink Ladies, a contraparte feminina dos T-Birds. A partir de entón teñen lugar historias e desencontros entre os dous namorados e as súas amizades, todo iso marcado polos acontecementos das súas vidas estudantís: o comezo da tempada de fútbol, o baile de promoción, carreiras de coches, noites de mozas, de mozos, saídas ao "fast-food", ao autocine...
A música e o baile son compoñentes fundamentais en Grease, e sen dúbida teñen moito que ver co que se converteu no 'musical feeling good' por excelencia. Unha banda sonora con éxitos internacionais e acrobáticas coreografías son arroupadas por unha súper produción que non deixará indiferente a ninguén, coa que Grease conmemora este ano o seu 50 aniversario.
VENDA DE ENTRADAS
Entidades

30/04/2026

05/05/2026
Dende o 01/05/2026 ata o 05/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

06/05/2026

08/05/2026

08/05/2026

09/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible