Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

GREAT STRAITS :: The great songs of Dire Straits

Baixo o título " The great songs of dIRE sTRAITS", Óscar Rosende achégannos unha emocionante e coidada selección das grandes cancións do seu idolatrado artista. Acompañado por unha ampla banda de excelentes músicos, percorrerá, nunha extensa homenaxe, os 40 anos de fecunda carreira do artista escocés. Teremos a oportunidade de acompañalos nunha viaxe sonora que irá desde comézoo de dIRE sTRAITS en 1978 ata a actualidade, con algunha pequena sorpresa que recalará no traballo da carreira en solitario de Mark Knopfler.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/12/2021

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

  • Platea: 30.00 €
  • Palcos: 28.00 €
  • Principal: 26.00 €

* Para a aplicación dos descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo

**Os descontos non son acumulables

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
  • En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

  • Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada
  • É necesario puntualidade

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Acompañado por unha ampla banda de excelentes músicos, percorrerá, nunha extensa homenaxe, os 40 anos de fecunda carreira do artista escocés. Teremos a oportunidade de acompañalos nunha viaxe sonora que irá desde comézoo de dIRE sTRAITS en 1978 ata a actualidade, con algunha pequena sorpresa que recalará no traballo da carreira en solitario de Mark Knopfler.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Praza de Ourense (excepto festivos): de luns a xoves de 10:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 18:00 h / venres de 10:00 h a 15:00 h

Despacho de billetes Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do concerto (sempre que queden entradas dispoñibles)

Venda en liña: Ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión