Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Guía para trasluchar"

"Trasluchar" ou cambar é un termo náutico que fai referencia a unha manobra para levar unha vela dun lado a outro da embarcación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/07/2018 ata o 12/07/2018

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

80,00 € (60,00 € taxas académicas + 20,00 € de taxas administrativas)

(Alumnado universitario: 20% de desconto)

Organiza:

UIMP Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Documentos:

Guía para trasluchar (776 KB)

"Guía para trasluchar" é un curso de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, na súa sede da Coruña, realizado en colaboración coa Fundación Luís Seoane e coincidindo coa exposición "Usted está aquí. Recetas Urbanas", unha retrospectiva dos últimos 20 anos das colectivo Recetas Urbanas coordinado por Santiago Cirugeda.

En conxunto supoñen unha mirada crítica tanto ao posicionamento da cidadanía e a súa forza transformadora como ao tradicional xeito de exercer a profesión desde a arquitectura. É unha invitación ao colectivismo, á agrupación e ao acto de construír como aglutinador de vontades.

Por este motivo, durante o tempo que dure a exposición, o patio central da Fundación Luís Seoane, sede da UIMP, servirá de escenario para a elaboración dunha obra colectiva, un artefacto lúdico que complementará a obra dunha parque/espazo público anexo cuxa obra comezará ao longo de presente ano e cuxo proxecto está baseado nun proceso colaborativo.

Información e matrícula

Secretaría de alumnado da UIMP. Tel.: 981 140 830. Correo electrónico: galiciasa@uimp.es http://www.uimp.es/agenda-link.html

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión