Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

History of rock

The History of Rock é un espectáculo impactante e atronador que abarca desde as súas orixes no rock and roll durante a década dos 50, ata os nosos días.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/11/2015

Xa rematou

Horario:

20:00 horas.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

As máis grandes cancións do ROCK de todos os tempos interpretadas por un elenco de extraordinarias e poderosas voces de primeiro nivel que, acompañadas por unha potente banda de rock, formada por músicos internacionais que se moven por todo o mundo con artistas como Simple Minds, Joe Cocker, George Michael, Chris Rea, Mike Oldfield, Rick Wakeman, Robin Beck, etc., traerán ata nós a esencia do rock en estado puro.

The HISTORY of ROCK promete trasladar ao espectador a outra dimensión onde alma e música van da man, creando un ambiente onde flúan as emocións, e onde a música e a enerxía que emanan desde o escenario convertan a experiencia en máxica, intensa e inesquecible.

O ROCK marcou a infinitas xeracións en todo o mundo. Non hai país ao alto e largo do globo onde non chegase nalgunha das súas formas e variantes. Catro voces diferenciadas e unha rock band de auténtico luxo, uniranse para continuar a lenda musical máis grande xamais interpretada e descubrir ou volver gozar das maiores obras que nos deixou a música rock ao longo de todas estas décadas.

O espectáculo ademais inclúe un amplo despregamento técnico e escénico durante máis de dúas horas de show en vivo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión