Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Homes G: 30 años y un día

Trinta anos pasan moi rápido, e máis cando levaches unha vida chea de concertos, viaxes, entrevistas, ensaios, gravacións... Así de vertixinosa transcorreu a carreira de Javi Molina, David Summers, Dani Mezquita e Rafa Gutiérrez, catro amigos que un día formaron un grupo musical soamente coa fin de divertirse, Hombres G.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/07/2015 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

22:30 horas.

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

- Pista (s/n): 30,00 euros.

- Tendido baixo (numerado): 35,00 euros.

- Bancada (s/n): 25,00 euros.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Cúmprense agora 30 anos da edición do seu primeiro disco de título homónimo baixo o selo discográfico Twins.

Marzo de 1985 foi o punto de inflexión nas vidas destes catro madrileños, que xa coas súas primeiras cancións conquistaron un numeroso público tanto en España como en Latinoamérica.

Grazas á composición de cancións como "Venezia" ou "Devuélveme a mi chica" lograron atraer co seu primeiro disco a unha multitude de admiradores de ambos os dous lados do Atlántico, marcando unha das mellores páxinas da nosa historia musical e pasando a formar parte da vida de varias xeracións.

Hombres G, neste ano de celebración tan especial para eles, realizarán 30 concertos exclusivos nunha xira única polas principais cidades de España e de América. Poderemos volver gozar do seu emocionante directo en lugares tan emblemáticos como a Praza das Ventas en Madrid o próximo 26 de xuño, lugar mítico e testemuña do seu indeleble paso en varias ocasións durante a súa carreira, así como en 15 diferentes cidades españolas como Granada, Murcia, Zaragoza, Barcelona, A Coruña, etc.

Dentro deste ano tan especial, o selo Warner reeditou o día 7 de abril o que foi o seu primeiro disco, tanto en formato vinilo como en CD, acompañado dun DVD documental onde outros músicos amigos como Álvaro Urquijo de Los Secretos, Dani Martín, o futbolista Álvaro Arbeloa ou Leiva, non quixeron deixar pasar a oportunidade de falar do que supuxo na súa vida este primeiro disco de Hombres G. Un dos momentos máis divertidos protagonízao a actriz Ana Milán, cuxos recordos como seguidora infatigable farán sorrir a máis dun.

2015 vai ser un ano inesquecible para Hombres G, con motivo deste aniversario publicarase tamén no mes de xuño unha caixa edición especial contendo un dobre CD con todos os seus éxitos, un CD de rarezas (maquetas, cancións inéditas) e un DVD con imaxes de concertos, vídeos e gravacións atopadas nos arquivos de TVE. Sen dúbida unha xoia esperada polos seus numerosos fans.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión