Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Idiomas do Mundo. Verán 2026: prazo de presentación de solicitudes

Coa publicación das bases do programa no BOP número 20 (30/01/2026), ábrese o prazo de presentación de solicitudes desde o luns 3 de febreiro ata o venres 13 de febreiro, ambos os días incluídos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/02/2026 ata o 13/02/2026

Formulario de inscrición

Número de prazas:

29

Tras a publicación das bases do programa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, o Concello abre o prazo de presentación de solicitudes para unha nova edición do programa Idiomas do mundo durante os 10 días hábiles posteriores á data de publicación, é dicir, do 3 ao 13 de febreiro, ambos os días incluídos.

Pasos para inscribirse no programa

As persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:

  1. Facer a inscrición en liña na web municipal de educación, a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado na solicitude e que debe ser achegado co resto de documentación a presentar no Concello para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de identificación (IDE) que será o de referencia de cada expediente no proceso.
  2. Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición en liña (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais. O nome da persoa que debe aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe de ser o do/a menor que solicita a bolsa.

IMPORTANTE: unha vez cuberta a ficha de inscrición en liña é imprescindible entregar por rexistro toda a documentación que vén establecida nas bases.

Documentos relacionados

  • Idiomas do mundo. Verán 2026 - Bases do programa no BOP do 30/01/2026 (126 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión