Descubrimos e xogamos coa Baralla Galega de Alejandro Mosquera
Para público en xeral, Xuvenil, Infantil, Persoas adultas, Familias
19/11/2022
Xa rematou
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
#IGM, xogos, infantil, xuvenil, familiar, bduranloriga, "baralla galega"
bduranloriga@coruna.gal
Tel.: 981 184 388
Voltamos celebrar coa ALA (American Library Asociation), asociación profesional de bibliotecas, o International Games Week, que este ano se converte no International Games Month (Mes Internacional dos Xogos) na Biblioteca Durán Loriga, xogando, que é a mellor forma que atopamos de facelo!
Facemos así unha homenaxe durante todo o mes de novembro ao valor educativo, recreativo e social dos xogos.
Comezamos o sábado 19 de novembro, da man de Alejandro Mosquera, que presentará a Baralla galega, como se xoga con ela e todas as posibilidades lúdicas que ofrece.
A Baralla Galega é un xogo de cartas que versiona a baralla tradicional española para ilustrar en 40 cartas parte da cultura galega cun tono humorístico. A vieira, a cunca de viño, o fouciño e o pemento de Padrón son os catro elementos representativos da cultura popular que conforman os catro paos do xogo. As figuras rompen a xerarquía masculina da baralla tradicional e introducen á meiga (personaxe da mitoloxía popular), a vaca rubia galega e a gaiteira.
Invitámosvos a asistir cos vosos xogos preferidos, a disfrutalos individualmente, en familia ou cuadrilla.
Estarán as portas da Biblioteca Durán Loriga abertas de 10:00 a 14:00h. para disfrutar dos xogos! Esperámosvos!
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar

21/04/2026
Dende o 17/04/2026 ata o 21/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

23/04/2026
Dende o 16/04/2026 ata o 23/04/2026

24/04/2026
Dende o 17/04/2026 ata o 24/04/2026
Require inscrición

24/04/2026
Non precisa inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

25/04/2026

25/04/2026
Dende o 18/04/2026 ata o 25/04/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible