Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

II Salón de Primavera da Asociación de Artistas

A mostra, coa que a asociación lle rende homenaxe a Picasso, recolle unha gran variedade de estilos e técnicas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/05/2023 ata o 28/05/2023

Xa rematou

Horario:

O horario de visita establecido é das 11.00 ás 13.30 h e das 18.00 ás 20.00 h, de martes a sábado, e das 12.00 ás 14.00 h, domingos e festivos.

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta

Organiza:

Concello da Coruña

A mostra recolle unha gran variedade de estilos e técnicas que conviven no propio seo da asociación promotora da exposición, que organiza en colaboración coa Área de Cultura do Concello. Con esta mostra, a Asociación de Artistas réndelle, ademais, homenaxe a Pablo Ruíz Picasso.

Poderanse ver óleos, acrílicos e traballos en carbón dentro das diferentes obras que se exporán na que é unha das principais citas da tradicional asociación coruñesa, cunha longa traxectoria e importancia durante case os noventa anos da súa existencia.

En todo caso, a exposición presenta un visionado cheo de sensacións íntimas e sensibilidades de cada artista cos que pretenden emocionar as persoas visitantes. As e os artistas participantes nesta edición son Francisco Ascón Callejo, Jaime Muinelo Grueira, Angeles Bello Álvarez, Rebeca Novo Castro, Mary Carmen Calviño Iglesias, Marcial Jesús Ortiz Martin, Florian Joaquín Castiñeira Bermúdez, Franciso Rogelio Otero Parra, Luis Francisco Colino Incera, Pilar Pastoriza González, Antonio Cuadrado González, Ricardo Pena Cagiao, Maria José de Andrés Cores, Fernando Rivera Frade, María José Fiaño Lois, Maria Luisa Rodríguez García, Maria José Freire Cisneros, María Jesús Sarandeses Fernández, Francisco García Ibarra, María del Carmen Torreiro Caridad, Ulpiano Guitian Freire, José Antonio Varela Busto, Teresa López Ameijeiras, Dolores Vega Rodríguez, María del Pilar López, Miguel Zelada Jurado e Antonio López Porter.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión