Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

III Semana da Paleontoloxía: obradoiros infantís

Entre o 30 de setembro e o 6 de outubro celebrase a III semana da paleontoloxía.

A quen vai dirixido?:

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos

A quen vai dirixido:

Infantil

Cando:

03/10/2026

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

Das 12.00 ás 14.00 h

Duración:

2 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O sábado 2 de outubro ás 12 h. na Biblioteca Fórum Metropolitano celebramos a III Semana da Paleontoloxía, con obradoiros infantís dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Xornada de obradoiros para descubrir a paleontoloxía e a historia da Terra de forma práctica e divertida. Os nenos e nenas poderán converterse en paleontólogos por un día escavando e descubrindo fósiles, identificar diferentes especies fósiles, crear as súas propias réplicas con arxila e participar en xogos de pistas para reconstruír a historia xeolóxica da Terra e comprender o movemento das placas tectónicas. As diferentes propostas estarán adaptadas á idade das persoas participantes.

Organizada polo CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía) e o Instituto Universitario de Xeoloxía (IUX) da Universidade dá Coruña, a Semana conta coa colaboración de CITEEC, os Museos Científicos Coruñeses, as Bibliotecas Municipais da Coruña, a asociación de divulgación científica UDC Big Bang, o Concello da Coruña e o Bar Árnica.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión