Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026)

O Concello organiza estas Xornadas para dar a coñecer a oferta de Formación Profesional da cidade os días 23, 24 e 25 de febreiro e 2 de marzo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026

Inscricións:

Dende o 19/01/2026 ata o 06/02/2026

Para alumnos/as matriculados/as en centros de fóra da cidade, non matriculados e persoas adultas, o prazo de inscrición será do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Documentos:

Cartel das III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) (656 KB)

O Concello da Coruña, en colaboración cos centros públicos de Formación Profesional da cidade, a EASD Pablo Picasso e a EASD Mestre Mateo de Santiago, pon en marcha por terceiro ano consecutivo esta iniciativa. 

O obxecto das xornadas é dar a coñecer aos estudantes de secundaria a oferta e as novidades dos ciclos formativos de FP, das ensinanzas artísticas profesionais e dos estudos Superiores de Deseño na Coruña para o próximo curso 2026/2027, sendo os principais destinatarios o alumnado de bacharelato, o dos últimos cursos da ESO e o de FP de graos medio e básico. Tamén se dará a coñecer a oferta de FP Básica, para alumnado con dificultades de acadar o graduado escolar e o público en xeral.

O przo de inscrición ábrese o luns 19 de xaneiro, para o alumnado dos centros da Coruña, e o luns 26 para os/as alumnos/as matriculados/as en centros de fóra da cidade, non matriculados e persoas adulta. En tódolos casos, o prazo de inscripción finalizará o día 6 de febreiro ás 14:00 horas.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación en liña a través da ficha de inscrición á que se accede desde o código QR que aparece no cartel das Xornadas ou desde este enlace, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión