Carlos, Urs, David e Sebastien, Il Divo, anuncian a súa nova xira, AMOR & PASIÓN, na que nos presentarán en directo os temas do seu novo álbum e os seus grandes éxitos.
Para público en xeral
10/06/2016
Xa rematou
22.00 h
- Platea (filas 1 a 8): 80'00 euros
- Platea (filas 9 a 20): 70'00 euros
- Tendido baixo: 65'00 euros
- Tendido medio: 55'00 euros
- Tendido alto: 42'00 euros
AMOR & PASIÓN dá título a esta xira e tamén é o sétimo álbum de estudo de Il Divo e o máis ambicioso ata a data. Il Divo gravou 12 cancións que abarcan un século de tangos tradicionais, cálidos boleros e mambos clásicos. Os sabores e ritmos sensuais de España e Cuba, Arxentina e México prometen sentar as bases desta nova xira para 2016. Non faltarán nos seus concertos temas de Julio Iglesias como A las mujeres que yo amé, Si voy a perderte de Gloria Estefan ou a versión máis latina do Himno da alegría de Beethoven.
Reunidos por Simon Cowell en 2003, Il Divo (Urs Buhler, Sebastien Izambard, Carlos Marín e David Miller), encabezaron un novo xénero musical co seu álbum debut en 2004. Desde entón, o cuarteto alcanzou un éxito sen precedentes en todo o mundo con 30 millóns de copias vendidas, 50 números 1, 160 discos de ouro e platino en máis de 33 países e catro xiras mundiais co cartel de sold out.
Il Divo lanzou seis álbums ata a data. Despois do seu debut homónimo, seguiron - Ancora (2005), Siempre (2006), The Promise(2008) e Wicked Game (2011). E en 2013 gravaban A Musical Affair, cos mellores clásicos de Broadway e o West End.
ENTRADAS
- Platea (filas 1 a 8): 80'00 euros
- Platea (filas 9 a 20): 70'00 euros
- Tendido baixo: 65'00 euros
- Tendido medio: 55'00 euros
- Tendido alto: 42'00 euros
VENDA DE ENTRADAS
- Despacho da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h (Temporalmente situada no Teatro Rosalía no mesmo horario)
- Despacho do Coliseum: día do concerto desde as 17.00 h
- Venda telefónica: 902 044 226

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible